Skip to main content
Lugo

Olalla Rodil reuniuse con colectivos LGBT de Lugo

Por 24 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, mantivo unha xuntanza con colectivos LGBT de Lugo. Rodil coñeceu de primeira man as distintas actividades e servizos que prestan as asociacións lucenses, e recolleu as reclamacións e necesidades das distintas asociacións.

“Traballaremos no Parlamento e en todas as institucións para conseguir melloras na lexislación e na calidade de vida das persoas LGBT”, explicou Olalla Rodil, que engadiu “desde o BNG apostamos pola formación e a educación como ferramenta transversal que poña freo ás discriminacións que sofren as persoas LGBT, garantindo que as rúas sexan espazos seguros”.

Neste sentido, a candidata do BNG trasladou ás distintas asociacións presentes que “o BNG mantivo historicamente unha posición de defensa dos dereitos da comunidade LGBT”, desde a primeira manifestación do Orgullo na Galiza que tivo lugar en Vigo en 1981 até a primeira proposta sobre dereitos trans que se levou ao Parlamento Galego en 1999, “seguiremos traballando xunto a organizacións e activistas para garantir os dereitos das persoas LGBT na Galiza”, afirmou Olalla Rodil.