Skip to main content
Lugo

Rubén Arroxo reúnese con representantes das mulleres empresarias

Por 24 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de Mulleres Empresarias. Durante a xuntanza, Arroxo escoitou as demandas deste colectivo, e deulles información sobre os proxectos máis inmediatos que está a desenvolver a área de Mobilidade e Infraestruturas.

Arroxo e a Concelleira de Cultura mantiveron esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade.

O tenente alcalde afirmou que o goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polo tecido asociativo como pola veciñanza de Lugo. “Traballamos para seguir mellorando a cidade”, afirmou e engadiu que “desde o Goberno estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar os espazos públicos de Lugo”.