Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

As demandas de ruptura matrimonial aumentan en Galicia un 3%

Por 1 Xaneiro, 2024Xaneiro 2nd, 2024Sin comentarios

Os órganos xudiciais ingresaron entre xullo e setembro 1.031 demandas de nulidades, separacións e divorcios. Por cada 100.000 habitantes, na comunidade contabilizáronse 38,2 rupturas, a sexta taxa máis baixa do Estado.

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no terceiro trimestre do ano foi de 1.031, fronte as 1.001 que se rexistraron no mesmo período de 2022, o que supón un aumento do 3%. Os datos de Galicia sitúana como a sexta comunidade con máis número de rupturas del Estado, por debaixo de Andalucía (3.804), Cataluña (3.098), Comunidade Valenciana (2.567), Madrid (2.360) e Canarias (1.147). Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación a 1 de xaneiro de 2023, obsérvase que, por cada 100.000 habitantes, en Galicia contabilizáronse, no período estudado, 38,2 demandas, fronte ás 40,8 da media estatal.

Segundo os datos publicados hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade aumentaron os divorcios consensuados (de 553 a 627, un 13,4 %) e os non consensuados descenderon (de 414 a 379, un 8,5 %). Pola súa parte, as separacións consensuadas pasaron de 24, no terceiro trimestre de 2022, a 18, no mesmo período deste ano, mentres que as das non consensuadas rexistráronse 5, fronte as 8 do ano anterior. Entre xullo e setembro contabilizáronse, outro ano máis, 2 peticións de nulidade matrimonial.

No terceiro trimestre iniciáronse 153 procedementos de modificacións de medidas consensuadas, un 15 % máis ca nas mesmas datas de 2022. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 319 a 332, un 4,1 % máis.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos menores non matrimoniais, rexistráronse 251 demandas de modificación de medidas non consensuadas, fronte ás 245 do terceiro trimestre de 2022, o que supón un aumento do 2,4 %; e 201 demandas de modificación de medidas consensuadas (181 o ano anterior), o que representa unha suba interanual del 11 %.