Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXAQuiroga

O Camiño de Inverno acolleu a máis de 2.000 peregrinos ao seu paso pola Ribeira Sacra

Por 11 Xaneiro, 2024Xaneiro 12th, 2024Sin comentarios

Durante o ano 2023 pasaron un total de 2.022 peregrinos que pasaron polo Camiño de Inverno en dirección a Santiago de Compostela, co seu paso obrigado polos 36 km desta ruta polo Concello de Quiroga como fin e inicio de etapa.

Os datos, ofrecidos polo rexistro da Oficina do Peregrino de Santiago, que contabiliza o número de peregrinos que chegan cada día á capital compostelá tras recorrer calquera das camiños oficiais de peregrinación, foron postos a disposición dos seus cidadáns desde o Goberno local de Quiroga.

A Oficina de Turismo de Quiroga conta coa Credencial oficial do peregrino, unha tarxeta precisa para que todos os peregrinos leven os selos dos lugares polos que pasan no seu camiño a Santiago e que se precisa para recibir a Compostela.

E conta tamén cun selo propio do Camiño, no que están reflectidos aqueles lugares máis distintivos do municipio polos que pasa a ruta, e que foi impreso na meirande parte das credenciais dos peregrinos do Camiño de Inverno.

Datos concretos

Así, os meses de máis afluencia foron os de verán, encabezados polo mes de xullo, con 325 peregrinos, e seguido de agosto, con 292, e setembro, con 272. Tamén foron importantes os meses de maio, con 317 peregrinos, e o de outubro, con 263.

Por outra parte, con respecto á forma de facer o camiño, destaca o número de peregrinos que realizan o camiño a pe, 1.731, seguidos dos que utilizan como medio de peregrinación a bicicleta, 191.

Con respecto á procedencia dos peregrinos, a maioría foron españois, 1.359, con andaluces á cabeza, 338, seguidos por madrileños, 177, e cataláns, 155. En canto aos que veñen doutros países, atopáronse 109 peregrinos de Italia, 91 de Portugal ou 64 de EE.UU.

Case a totalidade destes peregrinos que optaron por chegar a Compostela tras recorrer esta vía Xacobea comezaron o seu recorrido en Ponferrada, pero 45 deles decidiron comezar en Quiroga, posto que dende o noso municipio hai 170 km ata Santiago, o que da opción de recibir a Compostela, recoñecemento que se da aos peregrinos que recorreron polo menos 100 km a pé ou a cabalo, ou 200 km en bicicleta.