Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Tomé lembra que os pensionistas cobrarán este ano case un 4% máis grazas a Pedro Sánchez

Por 12 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Esta medida supón que, en dous anos, o Executivo progresista subiu as pensións máis dun 12%, “fronte ao 0,25% anual da época do PP”, di.

O secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, José Tomé Roca, fixo este xoves unha valoración moi positiva da suba das pensións para este ano 2024 en case un 4%, conforme ao coste da vida, que o Goberno de Pedro Sánchez sacou adiante onte no Congreso dos Deputados, a pesar do voto en contra do Partido Popular. Polo tanto, subliñou o socialista, “se fose polo Partido Popular, os pensionistas da nosa provincia non recibirían unha nova suba este ano”.

José Tomé recalcou que, “unha vez máis, queda claro que a revalorización das pensións só se garante con gobernos progresistas, porque o PP non o fai”, e comparou o incremento de máis do 12% que aprobou o Executivo do Estado entre 2023 e 2024 coa “burla e escarnio que o Partido Popular facía aos maiores en tempos de Rajoy cando anunciaba unha suba do 0,25% mandando unha carta que custaba máis do que ían cobrar de incremento os pensionistas”.

O Secretario Xeral dos socialistas da provincia sinalou que coa medida do Goberno de Pedro Sánchez, os 113.849 pensionistas de Lugo van cobrar uns 35 euros máis ó mes, sobre unha pensión media de 914 euros. “Isto supón unha suba anual de case 500 euros por pensionista e unha inxección de 60M€ máis no conxunto da provincia neste 2024”.

Neste sentido, José Tomé incidiu en que revalorizar as pensións “é de xustiza social”, pero tamén “un incentivo para a economía, sobre todo no rural, xa que garante o poder adquisitivo do 35% da poboación da nosa provincia, co efecto dinamizador que iso ten no consumo”. “O Partido Popular ten que explicar por que votou, outra vez, en contra dos pensionistas”.

“Seguen demostrando a súa inutilidade política e o nulo compromiso cos intereses dos galegos e galegas. Vémolo coa marea de plástico nas nosas costas e comprobámolo onte en Madrid, cando dixeron unha vez máis que non á suba das pensións ou á rebaixa da factura da luz e do gas, e do IVE dos alimentos”. “Cada vez é máis necesario un goberno progresista en Galicia que, da man de Besteiro, aplique e desenvolva medidas pensadas para mellorar a vida das persoas”, subliñou o líder do PSdeG na provincia de Lugo.