Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo presenta a lista da súa candidatura coa que concorrerá ás eleccións autonómicas

É o primeiro partido dos que teñen representación no Parlamento de Galicia que inscribiu a súa lista pola provincia lucense.

O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo rexistrou na Xunta Electoral Provincial a súa candidatura para concorrer ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, encabezada polo candidato socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.

É o primeiro partido dos que teñen representación no Parlamento de Galicia que inscribiu a súa lista pola provincia lucense, unha candidatura que o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, valorou como a “mellor posible, un equipo sólido, con traxectoria de xestión en distintos niveis da administración, con perfís profesionais de diversos ámbitos, que aportan experiencia e xuventude, e que representan á totalidade do territorio”.

“Lugo aporta sen dúbida o mellor equipo dos que se presentan a estas eleccións autonómicas, e temos a sorte de que quen o encabeza é o candidato”, subliñou José Tomé, convencido de que “vai ter un gran resultado e contribuír de maneira determinante a activar o cambio en Galicia liderado por Besteiro”.

O candidato socialista á Presidencia da Xunta “é moi valorado na provincia, e estou seguro de que vai recibir o cariño dos galegos en forma de votos. A partir de aí, abrirase unha etapa de esperanza e de ilusión para Galicia, que o necesita moito. Galicia precisa saír desta parálise, porque hai que facer cousas aínda que nos equivoquemos. Non facer nada non é a solución”, asegurou José Tomé.

Ademais, sostivo que “é urxente activar o cambio en Galicia, un cambio no que a provincia de Lugo vai ser determinante, xa que, por fin, os lucenses deixarán de estar discriminados polo Partido Popular, porque os socialistas, con Besteiro como Presidente da Xunta, seremos capaces de poñer en marcha un novo proxecto de esperanza, de ilusión, de impulso e de novas oportunidades, que acaben coa inercia e a parálise na que o PP ten sometida a Galicia. Traballaremos polo futuro que necesita e que merece a nosa provincia”, recalcou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia”, concluíu.

Pola súa parte, Besteiro comprométese a liderar un goberno “que diga a verdade” e “que conteste”, cun PSdeG que representa ao “galeguismo útil” para resolver os “verdadeiros probemas” dos galegos e das galegas.

A candidatura rexistrada polo PSdeG lucense é:

  1. José Ramón Gómez Besteiro
  2. Lara Méndez López
  3. Mayra García Bermúdez
  4. Miguel Tomé López
  5. Teresa Fernández Pérez
  6. Jaime Losada Sobrado
  7. Elena Cordero Becerra
  8. Manuel Eduardo Fernández Varela
  9. Catalina Fernández Domínguez
  10. Roberto Castro González
  11. Marina Ramudo Graña
  12. Miguel Ángel Vilar Rivas
  13. Silvia Rodríguez Díaz
  14. Jorge Val Díaz

Os suplentes, pola súa parte, serán Miguel Ángel Crende López, Olimpia López Rodríguez, Pablo Núñez González, Ana Hortas Alonso e Miguel Caloto Conde.