Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O Sergas adxudica prazas de médicos en once centros de saúde da provincia e nas Pontes

Por 18 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar na súa páxina web a relación de persoas adxudicatarias en primeira rolda do concurso de méritos convocado para prazas de categoría de facultativo especialista en atención primaria.

Esta relación foi xa remitida para a súa publicación oficial no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días. Desde esa publicación oficial abrirase un prazo dun mes para que as persoas adxudicatarias podan tomar posesión das súas novas prazas.

Deste xeito, darase cobertura estable a 65 prazas de atención primaria de difícil cobertura que, ou ben se atopaban vacantes ou estaban cubertas por persoal interino e que non foran elixidas nos últimos procesos de concurso de traslados ou ofertas de emprego público.

Na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos es prazas corresponden a Baralla, Burela, Castro de Rei (Castro Ribeiras de Lea), Guntín, Meira, Monforte de Lemos, O Vicedo, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Viveiro e Xermade.

Tamén na área sanitaria de Ferrol atópase beneficiado As Pontes.

Desta forma, nas próximas semanas incorporaranse 65 profesionais de medicina familiar e comunitaria a estes centros de saúde. Proximamente, publicarase a resolución de puntuación e adxudicación provisional dos concursos de méritos convocados para as prazas de pediatría de atención primaria e de hospitais comarcais, consideradas tamén de difícil cobertura.

Estas adxudicacións prodúcense trala publicación no Diario Oficial de Galicia, o pasado 15 de decembro, da resolución pola que se fixo público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo especialista de atención primaria, relativo á baremación definitiva dos méritos do concurso, á publicación dos aspirantes seleccionados e pola que se convoca para o acto de elección de destino.

Galicia segue a dar, pois, resposta á necesidade de minimizar o déficit de persoal en atención primaria, namentres o Goberno central non reforma a lexislación do Estatuto Marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, tal e como acordou por unanimidade o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde en abril de 2018.