Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Rueda reúnense coa lista de candidatos do PP pola provincia de Lugo

Por 23 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, realizou onte xunto aos 19 membros da candidatura pola provincia de Lugo unha fotografía de familia fronte á muralla de Lugo, onde os populares reivindicaron a súa aposta pola política dos feitos e non das promesas.

A candidatura do PP da provincia de Lugo ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, encabezada por Elena Candia, promete “unha campaña de proximidade para facer chegar aos lucenses o proxecto de Alfonso Rueda para Galicia da man do partido que máis se parece aos lucenses e aos galegos”.

O seu obxectivo é “garantir en Galicia un goberno estable e con sentidiño” que “traballe dende a honestidade para xestionar e defender aos galegos” fronte a “un posible multipartito que defende os intereses de Sánchez e do independentismo”.

A presidenta provincial e cabeza de lista, Elena Candia defende a “política realista, a de tomar as medidas que os galegos precisamos e merecemos, a de cumprir a palabra, a de atender ás persoas e a de apoiar o desenvolvemento da provincia; non a de prometer antes das eleccións e cambiar de opinión despois”.

De aí a súa intención de “facer unha campaña contando a verdade á xente”, que “xa sabe o que aportou o besteirismo e o nacionalismo á nosa provincia” e que “non sería positivo que se trasladase a Galicia”.

“PSOE e BNG presumen constantemente do que carecen, tal e como os seus feitos demostran. Pola contra, o Partido Popular ten demostrado traballar dende a seriedade e pegado ao territorio”, conclúe a número un da candidatura por Lugo.