Skip to main content
Chantada

O parque de bombeiros de Chantada queda sen servizo ata este domingo pola mañá

Por 6 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa que los tres efectivos que son necesarios para dar cumprimento aos servizos mínimos, este sábado “só se presentaron a traballar dous efectivos no parque de Chantada, xa que un deles comunicou que está enfermo”.

Segundo apuntan, intentaron facer mobilidade dende outras bases, pero non foi posible porque todas cobren os servizos mínimos. “Avisados mediante comunicación certificada os retén designados no cuadrante para os diferentes parques, tampouco se presentaron”, expoñen no comunicado.

Ante esta situación, o Consorcio decidiu reubicar aos dous efectivos de Chantada, no parque de Monforte de Lemos, desde onde se atenderán as posibles incidencias. O parque de bombeiros de Chantada non prestará servizo ata mañá ás 9.00 horas.