Skip to main content
Chantada

Chantada pon en marcha a campaña ‘Recicla con cabeza, faino de corazón’ para promover os contedores marróns

Por 17 Xaneiro, 2024Xaneiro 18th, 2024Sin comentarios

O servizo de recollida da materia orgánica de Chantada xa está en funcionamento ao sumarse aos contedores tradicionais os contedores marróns, nos que se depositarán únicamente os restos de comida, cascas, ósos, espiñas ou sobras de marisco, ademais de restos de cafés e infusións, papel de cociña, tapóns de cortiza ou sobras de poda e xardinaría.

Así, para informar e fomentar o uso deste novo contedor e poder contribuír a seguir mellorando a separación de residuos e a sustentabilidade do municipio, o Concello de Chantada pon en marcha a campaña: ‘Recicla con cabeza, faino de corazón’.

Para o funcionamento deste novo servizo entregarase material específico a cada veciño e será necesario abrir o contedor cunha chave, que deberá pedir. Entregaráselle tamén un tríptico informativo xunto cun cubo doméstico de 10 litros e un pack de bolsas de compostaxe para os primeiros usos.

Polo momento, xa se dispón de 20 colectores marróns instalados na vía pública, o resto irase ampliando ás distintas zonas segundo as solicitudes que haxa.