Skip to main content
A Pobra do BrollónFolgoso do CourelO IncioSamos

Decenas de veciños e veciñas acompañaron aos alcaldes na celebración do Aninovo na Pena dos Catro Cabaleiros

Por 2 Xaneiro, 2024Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

Como vén sendo tradición, os representantes dos concellos da Pobra do Brollón, Samos, Folgoso do Courel e O Incio subiron á Pena dos Catro Cabaleiros para despedir o ano.

A pesar da néboa e do frío, acudiu gran número de veciñas e veciños á convocatoria popular para celebrar o Aninovo na Pena, lugar onde se unen os catro concellos.

A concelleira da Pobra do Brollón, pola súa parte, Noelia Besteiro, brindou en representación do Concello por un 2024 cheo de alegría e esperanza para toda a veciñanza.