Skip to main content
Folgoso do CourelQuirogaRibas de Sil

O Xeoparque Montañas do Courel presentará o seu posto na Feira Internacional de Turismo

Por 16 Xaneiro, 2024Febreiro 2nd, 2024Sin comentarios

O Xeoparque Montañas do Courel volverá estar presente este ano en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra anualmente en Madrid e que está considerada como unha das feiras de turismo máis importantes do mundo.

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro e o tenente de alcalde de Ribas de Sil e presidente da Asociación Montañas do Courel, Roberto Castro, reuníronse co xerente da Asociación Martín Alemparte para pechar a participación do Xeoparque en Fitur.

O xeoparque preséntase o día 26 de xaneiro dentro do posto da rede de xeoparques da Unesco con vinte e cinco miradoiros, cinco museos e centros de interpretación e 189 km de sendeiros que engloba.