Skip to main content
Folgoso do Courel

A veciñanza do Courel organiza un Entroido “unidos no traballo e na ilusión”

Por 31 Xaneiro, 2024Febreiro 13th, 2024Sin comentarios

A veciñanza do Courel, coa colaboración da Asociación Desenvolvemento Serra do Courel, organiza un ano máis o Entroido, “unidos e unidas no traballo e na ilusión para que esta serra, patrimonio de tódolos galegos, siga viva”, explican desde a Asociación.

Así, o venres 9 de febreiro din que “encetarán o entroido” con pasarrúas despois do desfile do colexio por Seoane, pero os días grandes da festa serán o sábado 10, o Domingo Lardeiro, o 11, e o Martes do Lume, o día 13.

Estes días, levarase o desfile, os disfraces e toda a festa a diferentes parroquias de Folgoso do Ccourel a diferentes horas:

  • O sábado: Ás 12.00 horas, en Vidallón; ás 14.00 horas, na Campa; ás 16.00 horas, en Pendella-Touzón; ás 18.00 horas, en Baldomir; e ás 20.00 horas, en Ferreiros de Arriba.
  • O domingo: Ás 12.30 horas, en Teixeira; ás 14.30 horas, en Xantar en Seoane; ás 16.00 horas, en Meiraos; ás 18.00 horas, en Parada; e ás 20.00 horas, en Mercurín.
  • O martes: Ás 12.00 horas, en Ferramulín; ás 16.00 horas, en Esperante; ás 19.00 horas, en Millares.

Ademais, todos ese días terá lugar a Queima do Meco e a Queima e solta do Coaño.