Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte critica que o Goberno local “presuma de intervencións que aínda non se fixeron”

O PP de Monforte esixe a José Tomé neste 2024 “rigor, traballo e ningunha mentira” para mellorar Monforte e recordan que moitas das intervencións das que presume o alcalde aínda non se materializaron, como como a supresión dos pasos a nivel, a construción da nova ponte, a praia fluvial, a conexión entre a N120 e a N120A ou o centro de ciber seguridade.

A súa voceira, Katy Varela, sostén que “Monforte precisa dun alcalde rigoroso, serio, que traballe e deixe de lado as mentiras”, tras ver varias publicacións do alcalde nos medios de comunicación nas que presume de investimentos que “aínda non se sabe se chegarán a Monforte e moito menos se poderán executarse”.

Varela di que o alcalde inclúe obras que “aínda non se levaron a cabo nin se sabe cando se van a realizar, como poden ser a supresión dos pasos a nivel, a construción da nova ponte, a praia fluvial, a conexión entre a N120 e a N120A, o centro de ciber seguridade. Da metade dos cartos dos que presume, aínda non se sabe nada, son investimentos que están no aire”, explicou.

Ante esta situación, dende o PP de Monforte esixen a Tomé “maior rigor” cando fala de investimentos, poñendo sobre a mesa outro exemplo das mentiras do alcalde: o convenio coa Confederación Hidrográfica, que tiña que esta rematado este ano, e que se prorrogou”.