Skip to main content
Monforte

A sociedade de Monforte volverá a saír á rúa este mércores para pedir o cesamento da violencia en Palestina

A Asociación Mar de Lumes convoca unha nova concentración en Monforte de Lemos, concretamente na praza de España, este mércores, 10 de xaneiro, que tamén se celebrará noutras 20 localidades galegas.

A motivación desta convocatoria non é outra que seguir protestando e condenar “o xenocidio perpetrado por Israel e en respaldo á resistencia palestina”, explican desde o colectivo.

Así, o mércores lerase un manifesto no que destacarán que “se cumpren tres meses de persistente resistencia”, polo que “instan ao cesamento inmediato da violencia, á retirada dos ocupantes e á enérxica persecución dos responsables e os seus cómplices”.