Esperta Monforte felicita ao equipo de Goberno pola iniciativa da iluminación dos pesos de peóns do municipio, o que consideran desde o partido “un paso moi significativo para previr atropelos e mellorar a seguridade viaria”.
Así, o grupo municipal destaca que en en xaneiro de 2021 presentara unha moción solicitando melloras na seguridade viaria da vila, reflectindo a preocupación pola necesidade de implantar medidas concretas para evitar accidentes e protexer aos peóns.
A iniciativa, posta en marcha recentemente polo Equipo de Goberno, pode amosar “unha resposta proactiva a estas inquedanzas e un paso positivo para materializar as melloras propostas”, sosteñen desde Esperta Monforte.
“Temos claro dende fai moitos anos que a colaboración entre a comunidade e o Goberno local é fundamental para o avance da nosa vila, e Esperta Monforte agradece que as propostas expostas anteriormente sexan consideradas e convertidas en accións concretas”, din.
Así, engaden que “isto tamén é un recordatorio da importancia da participación cidadá e do diálogo constante entre os representantes políticos e a comunidade. Espertamonforte reitera o seu compromiso de seguir avogando por medidas que fomenten a seguridade viaria e a calidade de vida no noso Concello”.