Skip to main content
Monforte

Monforte acolleu a xunta xeral da Confederación de Empresarios de Lugo

Por 20 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu á benvida a Monforte á xunta directiva da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), á que ó Concello cedeu o uso do Salón de Plenos da Casa Consistorial, para que celebrasen a súa Xunta Xeral ordinaria anual.

O alcalde agradeceu e destacou que elixiran Monforte como sede deste encontro anual, que é o segundo que a CEL celebra fora da capital da provincia. A xuntanza, por parte da CEL, estivo presidida por Eduardo Valín Fernández, Conselleiro Delegado a CEL e por Jaime Luís López Vázquez, Secretario da CEL.

Na asemblea, a directiva da CEL realizou un repaso sobre os proxectos emprendidos por esta organización empresarial en 2022 e 2023. Tamén foron aprobadas as contas anuais así como o orzamento para o próximo exercicio de 2024.