Skip to main content
Monforte

Katy Varela critica que Besteiro “veu dar un paseo a Monforte sen aportar solucións”

Katy Varela, portavoz do PP en Monforte, critica que o candidato á do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Besteiro, “veu de paseo a Monforte en lugar de anunciar o avance desta infraestrutura fundamental para a zona sur da provincia e que está paralizada por Adif, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Demarcación de Estradas do Estado, todos organismos dependentes do Goberno de Pedro Sánchez”.

Dende o PP de Monforte lamentan “a ausencia de solucións” para desbloquear o Porto Seco e que o alcalde aplaudise o seu paseo”, denuncian. A voceira popular, Katy Varela, denuncia que, unha vez máis, “queda probado que ao Goberno de coalición que preside Pedro Sánchez, co apoio na súa investidura do BNG, só lles interesa seguir a bloquear o Porto Seco de Monforte, que tanta importancia ten para a cidade, a comarca e a zona sur da provincia”.

Os populares explican que a Xunta de Galicia ten consignada unha partida de 500.000 euros como unha actuación na que a Xunta avanzará cando se conte coa autorización por parte dos organismos estatais implicados.

O PP di que a culpa é do Goberno de España

Neste senso, a vicevoceira popular no Parlamento de Galicia, Raquel Arias, afirmou que “é unha decepción ver como o presidente da Comisión de Transportes no Congreso dos Deputados non trouxo ningunha solución para desbloquear a situación”, ao que engadiu que “este inmobilismo provoca que a Xunta non poida avanzar nas obras, algo para o que ten orzamento reservado dende hai varios anos”.

Raquel Arias engade que “despois de tantos anos de parálise por parte do Goberno Central está ben que o presidente da Comisión de Transportes se interese por este tema, pero agardamos que non sexa outro pregón máis aos que xa nos ten acostumados por Galicia e que logo resultan ser promesas que nunca se chegan a cumprir. A realidade é que se o candidato do partido socialista á presidencia da Xunta tivese un interese real en desbloquear o Porto Seco de Monforte hoxe xa tería anunciado que o Goberno de Pedro Sánchez ten unha solución para avanzar nesta infraestrutura fundamental para o desenvolvemento económica da provincia”, indicou Arias.