Skip to main content
Monforte

Esperta Monforte pide que o Goberno local mostre o seu apoio á manifestación de SOS Sanidade Pública

Por 25 Xaneiro, 2024Xaneiro 26th, 2024Sin comentarios

O grupo político Esperta Monforte presenta unha moción no pleno do Concello de Monforte na que pide o apoio explícito do Goberno local á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia o vindeiro 4 de febreiro en Santiago.

Así, din que a sanidade pública galega “está en coma, na última fase de desmantelamento” e que no caso de Monforte a situación “vese agravada pola perda da Área Sanitaria propia que existía e foi eliminada polo Goberno da Xunta de Galicia”.

Así, enganden que este “baleirado de contido supuxo a eliminación de competencias e a interlocución directa coa consellería, pasando a depender da Xerencia de xestión integrada de Lugo”.

Por isto, sosteñen, “é necesaria unha gran mobilización social e da man de SOS Sanidade Pública e as súas 55 organizacións, propoñen 13 medidas urxentes para afrontar esta situación”. Así, cren que o Concello de Monforte tamén debe sumarse a esta iniciativa e alzar a voz pola sanidade.