Skip to main content
A Pobra do Brollón

Os Reis Magos repartirán agasallos na Pobra do Brollón tras recibir as cartas depositadas no correo de Samugueiros

Esta tarde, a partir das 16.15 horas os Reis Magos de Oriente achegaranse á Pobra do Brollón para percorrer as rúas coa súa cabalgata real e acompañados por alumnado da Escola de Música ‘Samoeiro’.

Despois, todas as persoas que se acheguen poderán xuntarse na Casa da Cultura, onde se fará entrega dos agasallos para todos os nenos e nenas do municipio, xa que recibiron as cartas que se botaron na caixa do correo en Samugueiros.

Ademais, tamén se desvelarán os premiados do Concurso de Tapas, e haberá chocolatada para todas as persoas asistentes, que poderán desfrutar dun tempo agradable cos seus veciños.