Skip to main content
Sober

Está prevista a reforma da cuberta do ximnasio do CEIP de Sober para este ano

Por 3 Xaneiro, 2024Xaneiro 4th, 2024Sin comentarios

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a concelleira Raquel Arias mantiveron unha xuntanza de traballo coa ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme para facer balance dos investimentos levados a cabo no centro e das obras previstas para o ano que vén de comezar.

Entre os anos 2009 e 2022, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober recibiu un investimento de máis de 530.000 euros da Xunta de Galicia destinado a melloras de gran calado, como o sistema de calefacción, o arranxo da instalación eléctrica, acceso e reformas en diferentes instalacións, obras no polideportivo, creación dun parque infantil, a ampliación do comedor e o almacén, a reforma do salón de actos e melloras na eficiencia enerxética, entre outras.

De cara a este ano que vén de comezar, está previsto acometer novas obras de mellora e acondicionamento, entre elas a reforma da cuberta do ximnasio e as baixantes e caleiros de todo o edificio.