Skip to main content
Sober

As festas do San Amaro de Proendos, en Sober, terán lugar esta fin de semana

A parroquia de Proendos, en Sober, acolle este fin de semana, 13 e 14 de xaneiro, as festas de San Amaro 2024, que estarán protagonizadas por diferentes actividades.

Así, o sábado 13 comezará a festa cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober que precederá á misa das 13.00 horas e acompañará a procesión posterior.

Xa pola tarde, María do Ceo actuará a partir das 18.30 horas na igrexa de Proendos e ás 19.30 horas comezará a festa amenizada polo Dúo Estrellas. Pola súa parte, ás 21.15 horas terá lugar a tirada do folión dende o alto de San Cristovo, ás 21.30 horas seguirá a festa co Dúo Estrellas e ás 23.00 horas rematará o día coa actuación dos Parentes.

Ao día seguinte, domingo 14 de xaneiro, ás 13.30 horas terá lugar a misa cantada polo Coro Caelum, que será o protagonista da xornada.