Skip to main content
Sober

A Casa da Cultura de Sober acollerá unha actividade sobre educación en igualdade para familias

A ANPA de Sober organiza unha actividade para as familias sobre a educación en igualdade que terá lugar esta tarde entre as 16.30 e as 18.30 horas na Casa da Cultura de Sober.

A iniciativa, baixo o nome de ‘Masa nai’, encádrase no proxecto Escola de Familias co fin de presentar unha actividade para aprender a acompañar na educación afectivo-sexual aos fillos.

Así, durante a xornada os pais e nais que acudan adquirirán ferramentas para a educación en igualdade, aprenderán que é coeducacion, como falar de sexualidade, estereotipos de xénero co fin de promover un espazo de reflexión e diálogo conxunto.