Skip to main content
Taboada

O BNG de Taboada convoca unha concentración para protestar polo estado da N-540

Por 18 Xaneiro, 2024Xaneiro 19th, 2024Sin comentarios

O BNG de Taboada vén de organizar e convocar unha concentración de protesta polo estado “intolerable” do firme da estrada N-540, polo que fan un chamamento a todos os veciños, veciñas e persoas concienciadas con este asunto para que acudan a apoiar esta marcha.

A concentración terá lugar este venres, 19 de febreiro, ás 13.30 horas á altura da Sabugueira, en Meixonfrío de Taboada, e desde o BNG de Taboada informan de que contarase coa presenza do deputado do BNG Néstor Rego.

Así, os nacionalistas din que “despois de reclamalo en todas as institucións en que temos presenza, o estado en que se atopa segur a ser intolerable, e tamén os prazos de execución anunciados”, sosteñen.