Skip to main content
Taboada

A brigada de obras e servizos de Taboada segue mellorando distintos elementos do municipio

Por 23 Xaneiro, 2024Xaneiro 24th, 2024Sin comentarios

Desde o Goberno local de Taboada informan dalgunhas das actuacións e traballos que se realizaron por parte da brigada de obras e servizos do Concello nas últimas datas.

Así, limpáronse e acondicionáronse varios elementos do municipio, así como se arranxaron e acondicionaron camiños rurais como o de Moreda, Relás, Friamonde…

Por outra banda, solucionouse a avería provocada pola auga e limpáronse os sumideiros da vila para facilitar a vida dos veciños e veciñas, algo que tamén se consegue a través da retirada de árbores e limpeza de pólas en distintos lugares que se levou a cabo.

Ademais, bacheáronse varias pistas municipais, desbrozáronse pistas de acceso a ribeiras, acondicionouse o acceso e a zona dun posible miradoiro na parroquia de Castelo; solventáronse avarías e incidencias varias e supervisáronse distintas obras a realizar en vindeiras datas.