Skip to main content
Taboada

A Casa da Cultura de Taboada acolle un curso de restauración de antigüidades

Por 30 Xaneiro, 2024Febreiro 13th, 2024Sin comentarios

A área de Cultura, Deporte e Medio Rural do Concello de Taboada organiza un curso de restauración de antigüidades.

Este curso, que comezará a partir do vindeiro día 7 de febreiro, terá lugar todos os mércores na Casa da Cultura, onde as persoas interesadas poden apuntarse, xa que hai prazas limitadas.

Desta maneira, as persoas participantes poderán levar os seus mobles e aprender a técnica e a preparación dos materiais para poder reparar e restaurar este elemento.