Skip to main content
Paradela

Unha unidade móbil da ITV estará en Paradela a finais do mes de xaneiro

Por 4 Xaneiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

O Concello de Paradela acolle, desde o vindeiro día 25 e ata o 31 de xaneiro, unha unidade móbil de supervisión e control de vehículos, a ITV, que se instalará no recinto feiral.

Esta unidade dará así servizo aos veciños e veciñas do municipio en horario de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde, agás o día 26, que estará só en horario de mañá.

O obxectivo desta iniciativa é realizar inspeccións periódicas a vehículos agrícolas, así como de obras e servizos que a súa velocidade máxima por construcción non supere os 40 km/h e a súa tara non supere os 8.000 kg, nin exceda de 2.500 mm a súa anchura.