Skip to main content
Paradela

Os Reis Magos visitarán o Centro de Día de Paradela e percorrerán a vila

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organizan para esta tarde a Cabalgata dos Reis Magos da man de Melchor, Gaspar e Baltasar, polo municipio de Paradela.

Así, o percorrido comezará ás 17.00 horas coa visita das Súas Maxestades ao centro de día para ver aos máis maiores do Concello para despois percorrer as rúas do Concello.

Finalmente, rematarán na biblioteca, onde entregarán os agasallos a todos os nenos e nenas que se acheguen coas súas familias, que tamén poderán desfrutar dunha chocolatada.