Skip to main content
Paradela

Montserrat Mulet será a próxima rexedora do municipio de Paradela, que conta con 35 anos de servizo municipal

Montserrat Mulet Sar será a nova rexedora do Concello de Paradela trala marcha de José Manuel Mato Díaz despois de rexer o municipio durante máis de 40 anos á cabeza do Partido Popular.

Así, a que ata o de agora exercera como tenente de alcalde, collerá o bastón de mando con “ilusión” e tranquilidade, xa que leva toda a vida traballando man a man con Mato e coñece o Concello de primeira man, xa que ademais de estar na política municipal, vive e traballa en Paradela.

Concretamente, leva 35 anos compaxinando a política municipal co seu traballo como médico no centro de saúde da localidade, xa que é licenciada en Medicina e Farmacia.

As súas políticas seguirán sendo como ata o de agora, pensando nos veciños, polo que o ata o de agora alcalde, queda tranquilo deixando nas mans de Montserrat a Alcaldía, mentres el será concelleiro do municipio, pero representará á comarca na Xunta.