Skip to main content
Paradela

Montserrat Mulet xa é alcaldesa de Paradela despois dun acto con moita emoción

Por 20 Xaneiro, 2024Xaneiro 21st, 2024Sin comentarios

Montserrat Mulet Sar foi investida alcaldesa, tomando así posesión do seu posto como nova rexedora do municipio acompañada do antigo e lonxevo alcalde, José Manuel Mato, así como do resto da corporación de Goberno municipal.

A xa alcadesa mostrouse moi emocionada e con “moita ilusión por continuar o proxecto que temos”, mentres que Mato agradeceu o “impecable traballo realizado por Matogueira durante todos estes anos”, que compaxinará o posto co seu traballo de médica no municipio.

Así, a nova rexedora sostivo que os seus obxectivos son “seguir apostando pola gandería, xa que é o principal motor económico da localidade, e polo medio ambiente e o turismo”.