Skip to main content
Samos

As clases de zumba en Samos terán lugar o mércores e xoves esta semana

A profesora das clases de zumba nos concellos de Triacastela, O Incio e Samos, Ana Rodríguez, anuncia que cambian os horarios das clases no municipio samanense esta semana.

Así, con motivo da visita dos Reis Magos de Oriente, esta semana as clases de zumba no Concello de Samos pasan a ser o mércores, día 3, e o xoves, día 4, ámbolos dous ás 18.00 horas.

As clases, coma sempre, terán lugar no pavillón do Ceip Samos, onde durante unha hora as veciñas apuntadas poderán desfrutar de baile e boa música.