Skip to main content
Samos

O Ceip Samos conta cunha nova rampla para mellorar a accesibilidade ao parque infantil e á pista

Por 10 Xaneiro, 2024Xaneiro 11th, 2024Sin comentarios

O Ceip Samos foi o escenario dunhas obras de mellora realizadas pola Xunta para poder acondicionar zonas que estaban en mal estado e o mellor aproveitamento dos recursos e instalacións por parte dos nenos e nenas do colexio.

Así, mellorouse a accesibilidade ao parque infantil e á pista entre o colexio e o pavillón de deportes coa construción dunha rampla nova, que permitirá a baixada do alumnado sinxela e sen resbalóns.

Tamén se cambiaron os canlóns, xa que estaban moi deteriorados e entraba humidade nalgunhas aulas. Ademais, o comedor do colexio tamén renovou o seu aspecto e a súa iluminación.