Skip to main content
Samos

Samos acolle a presentación dun programa deseño de experiencis turísticas do GDR Ribeira Sacra – Courel

Por 11 Xaneiro, 2024Xaneiro 16th, 2024Sin comentarios

O GDR Ribeira Sacra – Courel presentará un programa deseño de experiencias turísticas no Destino Courel o vindeiro 15 de xaneiro ás 11.30 horas na Casa do Concello de Samos.

Esta iniciativa ten como obxectivo integrar a oferta de experiencias turísticas do destino Courel para a promoción de experiencias turísticas únicas, diferenciadas e que permitan conectar ao turista co territorio.

Durante a xornada de presentación, entregarase a ficha de inscrición a cada empresario, que deberá devolver cuberta para poder participar deste programa, que se desenvolverá entre febreiro e marzo.