Skip to main content
Samos

O alumnado de Samos e de Triacastela compartiron unha actividade de inclusión na Casa da Cultura de Sarria

O alumnado do CEIP de Samos e do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela desprazouse ata a Casa da Cultura de Sarria co fin de compartir unha actividade inclusiva.

Así, durante a mañá os nenos e nenas de ámbolos dous centros educativos experimentaron con materiais destinados a alumnado con diferentes tipoloxías e grados de discapacidade, avanzando cara unha inclusión real e efectiva.

Desde os centros educativos explican que “grazas ao coñecemento e á ilusión de Noelia e Rocío comprenderon en primeira persoa que todos somos diversos e diferentes, precisando da nosa particular gaivota para poder voar”.