Skip to main content
Sarria

O grupo leonés Naked Eva actuará en Sarria o vindeiro 11 de xaneiro

Por 7 Xaneiro, 2024Xaneiro 13th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 11 de xaneiro o grupo de rock Naked Eva actuará no Buril de Sarria con entrada anticipada de 8 euros e en porta de 10 euros.

Naked Eva é un grupo de indie rock alternativo de nova formación con sede en León nado en 2019 da necesidade de crear música orixinal e un repertorio propio cunha clara proxección profesional, que combina os elementos melódicos do pop internacional, con baterías ‘rockeiras’, guitarras con efecto e sintetizadores.

O proxecto ‘Naked Eva’ pretende ser unha banda con proxección e continuidade, nada do ‘underground’ leonés e dunha inquietude artística que vai máis aló da suma dos seus partes.

Influenciados por grupos de diferentes estilos, épocas e lugares, beben tanto do ‘british’ como da americana; toman sons clásicos e modernízanos, crean a súa propia forma de expresión mesturando instrumentos acústicos, eléctricos e sintetizadores, afastándose de forma intencionada da música urbana que actualmente copa todos os focos; con harmonías máis complexas e dando especial importancia á rítmica e á voz.