Skip to main content
Sarria

Sarria acolle diferentes actividades para rematar xaneiro e durante todo o mes de febreiro

Por 17 Xaneiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de presentar a súa programación cultural na Casa da Cultura para finais deste mes de xaneiro e principios de febreiro.

Así, este sábado 20 ás 20.00 horas terá lugar a unha noite de contos coa asociación de Narración Oral Galega.

Xa o venres 26 terá lugar a presentación do libro ‘La carta que nunca leerás’, de Patricia Rivas; o sábado 27 haberá un espectáculo familiar circense ‘Abracadaver’ de Dani Blanco ás 17.00 horas e o domingo ás 20.00 horas proxectarase a película ‘Matar a un ruiseñor’.

Mentres, o día 31, mércores, haberá unha función para centros escolares chamada ‘Boa sorte, mala fama’, que percorrerá os colexios de Sarria.

Máis actividades

Xa en febreiro, o sábado 3 proxectarase a película ‘O gato con botas’ a partir das 17.00 horas e a seguinte semana xa comeza o Entroido.

Desta maneira, o día 11 terá lugar o Desfile de Entroido a partir das 17.00 horas, que sairá na Feculera e o luns 12 terá lugar a festa infantil de Entroido na Sociedade Cultural La Unión a partir das 17.00 horas.

Como últimos eventos de febreiro, o venres 16 terá lugar a presentación do libro ‘El viaje al fin del mundo’, o sábado 24 proxectarase a película ‘Liga de Supermascotas’ e o domingo 25 ás 20.00 horas terá lugar a función de Tarabela Creativa ‘Boa sorte, mala fama’.