Skip to main content
Sarria

O Buril de Sarria acolle catro concertos de rock a finais de xaneiro e principios de febreiro

Por 22 Xaneiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

O Buril acolle diferentes actuacións de grupos de rock do panorama internacional, tanto a finais de xaneiro como a principios de febreiro.

Así, o primeiro dos concertos terá lugar este vindeiro sábado, 27 de xaneiro, no que actuarán Chabacanos Rock de Xixón, Polemika Rock, tamén de Xixón, e o grupo Foolans, tamén de rock, pero de Lugo.

Pola súa parte, o vindeiro mércores 31 de xaneiro terá lugar a actuación de Gurl, un grupo de punk que vén desde Francia para actuar en Sarria.

Xa o 3 de febreiro terá lugar o concerto do dúo madrileño de rock, Oscuro Culto, o trío do Brasil Fosco e TBA, un grupo de punk-rock de Bucarest.

Por último, o 17 de febreiro actuará no Buril o dúo de música punk Exfan, que presentará o seu álbum ‘Pura Luz’ en directo.