Skip to main content
Sarria

Borja Tosar protagonizará unha nova xornada de observación astronómica en Louseiro

A parroquia de Louseiro de Sarria acolle unha actividade de observación astronómica, este sábado 26, da man de Borja Tosar, o astrónomo e divulgador científico sarriao.

A asociación cultural Os Gorriós organiza esta xornada que dará comezo ás 19.00 horas no antigo colexio parroquial, onde observarán o ceo, concretamente Xúpiter e Saturno.

Despois da observación, que será cun telescopio novo, as persoas que participen da actividade poderán desfrutar dunha merenda-cea e unha chocolatada no propio local de celebración.