Dani Blanco interpretará un espectáculo de circo terroríficamente divertido este sábado, 27 de xaneiro, na Casa da Cultura de Sarria.
Así, a través do nome ‘Abracadáver’, Blanco interpretará a unha entrañable personaxe chamada Rogelio que dará un show cheo de sustos e bo humor.
Todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa, poderán facelo xa que é de entrada aberta e gratuíta a partir das 17.00 horas.