Skip to main content
Sarria

A obra ‘La carta de nunca leerás’ da sarriá Patricia Rivas será presentada na Casa da Cultura de Sarria

Patricia Rivas presenta esta tarde a partir das 20.00 horas o seu libro ‘La carta que nunca leerás’ na Casa da Cultura de Sarria.

A veciña de Sarria escribiu esta novela de estilo romántico tras ter unha relación co fin de desfogarse, xa que ao principio non sabía se publicala. Así, enviouna á editorial Círculo Rojo e publicouse.

Esta historia narra a vida de dous adolescentes que empezan unha relación na que se deixan, volven, andan para adiante e para atrás, rematando mal a cousa, sen un final feliz.