Skip to main content
Sarria

Olalla Rodil participará dunha nova concentración fronte ao centro de saúde de Sarria

O BNG de Sarria convoca unha nova concentración en defensa da Atención Primaria en fronte do centro de saúde sarriao para este sábado, 27 de xaneiro, ás 12.30 horas.

Así, fan un chamamento a toda a veciñanza da comarca de Sarria para protestar en contra dos recortes que se están a producir no ambulatorio da vila sarriá.

A deputada autonómica e cabeza da lista do BNG por Lugo ás vindeiras eleccións á Presidencia da Xunta de Galicia, Olalla Rodil, participará deste acto, acompañada polo voceiro nacionalista, Efrén Castro.

Castro sostén que a situación sanitaria “é insostenible” e que “non ten sentido que os nenos e nenas de Sarria teñan que desprazarse a Lugo para recibir unha atención especializada de Pediatría”.

Por todo isto, o BNG anima a todas as persoas a participar para pedir unha sanidade pública e de calidade e cun centro de saúde con persoal para atender aos pacientes e persoas que acodan ao centro.