Skip to main content
Sarria

La Unión acollerá unha comida de Entroido e unha festa infantil para todos os nenos de Sarria

La Unión acolle dous eventos co fin de festexar o Entroido con actividade para os máis pequenos e os maiores do Concello de Sarria.

A primeira delas é un xantar de entroido que terá lugar o vindeiro sábado, 10 de febreiro, ás 14.00 horas, exclusivo para socios e con reserva previa, que ademais de incluír a comida, haberá sobremesa e festa con baile co Dúo Tropical.

A seguinte será unha festa infantil de Entroido o vindeiro luns, 12 de febreiro, con entrada libre e aberta para todos os que queiran participar, que deberán ir disfrazados e desfrutar dunha tarde de animación infantil e chuches.