Skip to main content
BegonteComarca AMARIÑAXALugo

O belén de Begonte xa ten gañadores do concurso de debuxo infantil

Por 17 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O xurado do XLVIII Certame de Debuxo infantil sobre o Nadal, formado por Sonia Varela García (representante do Concello), Lucía Goiriz Castro e Alba Bermudez Suárez, membros da Comisión de Cultura da Asociación José Domínguez Guizán, entidade convocante, acordaron, po unanimidade a listaxe de premiados.

Na categoría A, para nenos ata 10 anos o primeiros premios foron para Dídac García Díaz (7 anos. CEIP Plurilingüe de Foz Nº 1), Allin Constantin Gheorghe (6º EP – Ceip Virxe do Corpiño de Begonte) e Daniela Martínez Lorenzo (9 anos – Colexio O Cantel – Foz).

Os segundos premios corresponderon a Paula Nuñez López (3ºEP Colexio A Ponte – Lugo), Mariña Fdez. Vázquez (4 anos – CEIP Celso Currás, Trabada), Xana Fraga Baroa (9 anos – O Cantel Foz), Aroa Peteira (7 anos – CEIP Virxe do Corpiño – Begonte) e Iria Parga Piñeiro (5ºEP – Ceip Virxe do Corpiño de Begonte).

Na categoría B, para rapaces de entre 11 e 15 anos, os gañadores foron Andrea Montero Moreira (13 anos – IES Vilar Ponte de Viveiro), Alba Torres López (15 anos – IES Vilar Ponte de Viveiro) e Antía López Eijo (13 anos – IES Vilar Ponte de Viveiro)

Os segundos foron para Nuria Gómez Moreira (6ºEP -Colexio A Ponte de Lugo), Jimena Fernández.-Reinandte Pérez (4º ESO- IES Gamallo Fierros, Ribadeo), Elsa García López (13 anos – IES Illa de Sarón-Xove), Alba Rodríguez Bermejo (15 anos – IES Illa de Sarón-Xove) e Nadia Novío Campo (13 Anos IES Illa de Sarón-Xove).

Os premios serán entregados o próximo 27 de xaneiro, sábado, no acto de clausura das actividades do Nadal de Begonte. Os primeiros premios están dotados con 60 euros e trofeo, e os segundos con 30 euros e trofeo.