Skip to main content
Begonte

Luis Latorre gaña o certame de periodismo do belén de Begonte

Por 22 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Vense de reunir o xurado do XLVIII Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizan, impulsor do Belén de Begonte, formado por José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Marta Barreiro Castro, secretaria xeral da Xunta de Galicia en Lugo; José Rodríguez Gómez, secretario do Centro convocante; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da comisión de Cultura do Centro cultural convocante.

Examinados os traballos presentados, acordaron premiar en primeiro lugar a Luís Latorre Real, por El Belén de Begonte, guardián de nuestros recuerdos, publicado no seu blog persoal. O premio está dotado con 600 euros.

O segundo, dotado con 300 euros foi para Xoán neira, por Unha luz certa, publicado nun diario.

O xurado acordou conceder tamén unha mención de honra, dotada con estatuiña de Sargadelos, a José Ramudo Pol – Pepe Pol- polo seu artigo Doña Pilar, el Belén de Begonte y un niño, publicado on line.

Os premios serán entregados o sábado 27 de xaneiro, ás cinco da tarde, no decurso do acto de clausura do Nadal de Begonte.