Skip to main content
Begonte

Begonte impulsa un taller de musicoterapia

Por 30 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Begonte en colaboración coa Escola Galega de Saúde organizan o próximo 19 de febreiro un taller de musicoterapia, totalmente gratuíto e dirixido á poboación adulta, coidadores e cidadanía en xeral, que terá lugar na casa da cultura.

A musicoterapia é o emprego da música e os seus elementos nun proceso deseñado para facilitar e promover a comunicación, a aprendizaxe e a expresión coa finalidade de mellorar o benestar físico, psíquico, social, emocional e cognitivo das persoas favorecendo deste xeito unha mellor calidade de vida.

O traballo que se realiza nas sesións de musicoterapia baséase nun modelo de atención centrado na persoa, adaptado ás capacidades, habilidades e necesidades de cada individuo. Grazas a esta versatilidade a musicoterapia proporciona beneficios en moi diversos campos de aplicación. Por iso, se dirixe a persoas con discapacidades físicas, sensoriais e/ou mentais, con trastorno do espectro autista, dano cerebral adquirido, párkinson, alzheimer, etc.

Non se requiren coñecementos previos de música. Os interesados e interesadas pódense inscribir ata o 14 de febreiro.