Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Máis de 300 atletas participarán este domingo na VI Carreira Popular de Castro de Rei

Por 11 Xaneiro, 2024Xaneiro 12th, 2024Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei celebrará a VI Carreira Popular Concello Castro de Rei. A proba será este domingo 14 de xaneiro, a primeiros do ano como é tradicional, e terá saída na Casa do Concello e percorrido por vías da Deputación ata chega á meta no Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.

Na proba, que xa ten a inscrición pechada, participarán un total de 334 persoas, 209 delas na carreira absoluta e o resto nas distintas categorías de menores.

A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servizo de autobuses para trasladar aos deportistas dende o pavillón municipal de Castro Ribeiras de Lea ata a saída na casa do concello de Castro de Rei.

Haberá unha categoría absoluta cunha distancia de 14,8 quilómetros e despois cinco grupos máis en función da idade que percorrerán dende os 0,15 quilómetros dos pitufos ata os 2 quilómetros dos sub 18. As probas de menores serán na contorna do Campo da Feira de Castro Riberas de Lea.

A carreira absoluta terá a súa saída ás 10.15 horas e as outras cinco probas sairán cada cinco minutos, dende os pequenos ás 12.10 ata os sub 18 ás 12.30.

Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta e para os tres primeiros da cada categoría. En Pitufos darase medalla a todos os participantes pero non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.

Nas categoría dende promoción ata sub 16-18 darase medalla a todos os participantes, así como trofeo ós tres primeiros. Ademais repartirase un trofeo ao primeiro/a atleta local da carreira de adultos. A entrega de premios será na zona de meta (Carballeira) e comezará, aproximadamente, ás 12.45h.

SERVIZOS

Os participantes gozarán de varios servizos antes, durante e despois da carreira, como aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes) nas inmediacións do pavillón municipal; baños, vestiarios e duchas no pavillón municipal de Castro Ribeiras de Lea, a escasos 300 m da liña de meta; roupeiro e un vehículo de transporte ata a liña de meta. Ademais haberá servizo de autobuses, avituallamento de comida e bebidas ao final de cada carreira para todos os participantes e servizo de ambulancia.