Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Abeijón destaca o traballo de Fudace e Cruz Vermella de Castro de Rei

Por 25 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe a importancia de traballar conxuntamente coas entidades de iniciativa social para seguir avanzando na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e para reforzar o apoio ás familias. Díxoo durante a visita aos centros residenciais e de atención diúrna da Fundación de Dano Cerebral (Fudace) e Cruz Vermella en Castro de Rei, onde puxo en valor as atención e coidados que se prestan nestas instalacións.

En este sentido, Begoña Abeijón asegurou que estes centros son un referente en Galicia, con servizos especializados na atención a persoas con patoloxía dual.