Skip to main content
Cospeito

Irimia confirma o apoio da Deputación á nova edición da Moexmu

Por 6 Xaneiro, 2024Sin comentarios

O novos membros da Comisión organizativa da Moexmu 2024 mantiveron unha reunión cos representantes políticos do partido socialista para facer un primeiro achegamento e logo tratar sobre os métodos de financiamento desta cita anual con Muimenta.

Segundo explicou o voceiro socialista de Cospeito, Daniel Irimia, a Deputación “estará á altura da 40 edición da Moexmu para que esta feira se reasente no que realmente é, unha das feiras de vital importancia para a comarca da Terra Chá e a parroquia de Muimenta”.

Irimia afirmou que a Deputación prestará o seu apoio para esta cita, tal e como vén facendo todos os anos e que están “a disposición da comisión”.