Skip to main content
Cospeito

Remata o Mercado de Nadal coa elección dos gañadores

Por 7 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informa de que entre os pasados 1 de decembro e o 5 de xaneiro, tivo lugar a XV Mercado de Nadal – 2023, onde se repartiron dezanove mil rifas entre todos os clientes que tiveron os vinte e oito negocios que participaron nesta edición.

O premio gordo da lotería de Reis celebrado no día de onte recaeu no número 94.974. Polo tanto, as dezanove papeletas que se repartiron, rematadas en 974, son agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas.

Os agraciados teñen que poñerse en contacto, ata as 23:59 horas do vindeiro luns 15 de xaneiro, cos negocios que repartiron as papeletas gañadoras ou cos membros das Xunta Directiva para facer efectivo os correspondentes vales. Todos os que se presenten a partir do día dezasete, serán declarados nulos.

A entrega de premios, terá lugar o mércores 17 de xaneiro, a partir das 20 horas, na casa da cultura de Muimenta.

Os dezanove premios teñen que gastarse antes do mes (dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta. En total, suman 1.900 euros.

Os vales só se poderán facer efectivos unha vez que se produza a súa entrega oficial, nunca antes.