Skip to main content
Cospeito

Cospeito acolle o sábado o Festival de Nadal

Por 9 Xaneiro, 2024Xaneiro 17th, 2024Sin comentarios

A programación de Nadal en Cospeito non chegará ao final ata esta fin de semana. O sábado, ás 20:30 horas, terá lugar o Festival de Nadal na casa da cultura de Feira do Monte.

Esta cita está organizada pola Coral PM Virxe do Monte de Cospeito coa colaboración do Concello. Así está prevista a actuación da coral Airiños da Capela, o orfeón de Trives e a coral Polifónica municipal Virxe do Monte de Cospeito.